CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Solidariedade con forma de artesanía, petiscos, música e contos en Manzaneda

A vila acollía o 13 de maio unha xornada solidaria de actividades a prol do programa Vacacións en Paz e promovida pola Asociación Cultural A Rebusca

Bicas de Raigada, produtos da Cooperativa Amarelante, artigos de segunda man, fitoterapia… Eran algúns dos produtos que se expoñían e poñían á venda na media ducia de postos do mercadiño co que se abría na mañá do 13 de maio a Xornada Solidaria de Manzaneda.

Ademais ao mediodía había unha sesión vermú con petiscos e música e, xa a partires das 18h., os máis pequenos convertíanse en protagonistas. No local da Rebusca desenvolvíase un contacontos das Titiriteiras de Marear que botaban man das historias das “Mil e unha noites” e recreaban para os nenos e nenas o relato “As babuchas de Abu Kasim”. Numerosos cativos, acompañados polos seus pais e nais, acudían a este contacontos.

Esta iniciativa, promovida pola Asociación Cultural A Rebusca de Manzaneda en colaboración con Solidariedade Galega do Pobo Saharaui, tiña como finalidade recaudar fondos para o programa “Vacacións en Paz”. Dende A Rebusca agradecíase “a xenerosidade e colaboración” de todos os que fixeron posible esta iniciativa.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button