Na mañá do domingo 1 de novembro tres membros de Andarines Arcos (Carlos, Sonia e Noelia) participaban no Trail de Villablino (León), onde promocionaron a Andaina e Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín, lucindo as camisetas conmemorativas. Ademais, como mostra de luto polo accidente ferroviario de Toledo lucían un crespón negro na bandeira.
O Villablino Trail son 10 km de carreira na que paricipaban máis de 300 corredores. “Un percorrido esixente con 1.000 metros de desnivel positivo, nunha mañá moi fría. Saímos on 2º”, asegura Carlos, que era sexto na súa categoría cun tempo de 1:15:55. Sonia completaba o percorrido nun tempo de 1:29:04 e Noelia nun segundo máis, 1:29:05.

Fotos cedidas.