CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sons e sabores cubanos en Trives con A Dos Trovando

 

Ata a illa caribeña de Cuba viaxaban a partir das 18h. desta tarde os asistentes ao concerto de A Dos Trovando, celebrado no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives. Era unha viaxe no tempo ao Santiago de Cuba de finais do século XIX, cos boleros e a Trova Tradicional Cubana como fío condutor, e despois polo século XX. Tras este concerto, a viaxe polos sons cubanos e polos sabores propios desta illa continuaba polos locais de hostalaría da vila.

 

 

Así esta formación amenizará esa noite “con música, cocktails cubanos ou sorprendentes tapas gastronómicas que nos levarán a vivir unha experiencia inesquecible”, segundo o Concello de Trives, organizador desta iniciativa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button