Os coches deportivos de alta gama seguen espertando gran expectación entre a poboación de Valdeorras. Se hai uns días eran os veciños do Barco os que se sorprendía ante un peculiar desfile de vehículos de alta gama polo centro da vila, hoxe eran os da Rúa os que o facían.
Na mañá deste mércores 30 de abril, pasaban e tamén permanecían aparcados ao longo da rúa Campo Grande, máis dun cento de deportivos de diferentes marcas. Trátase de ingleses que se xuntan para facer rutas turísticas por toda Europa, estando estes días por Galicia.
Fotos e vídeo cedidos.



