Mentres paseaba na tarde do pasado domingo polo Paseo do Aguillón na Rúa, unha veciña do Barco captaba estas sorprendentes imaxes. Trátase de dúas lontras en plena e acalorada “discusión” tanto na beira como nas augas do encoro de San Martiño, no río Sil.
Dende aquí o noso agradecemento a esta persoa por compartir este vídeo que amosa, sen dúbida, unha cara pouco coñecida da singularidade da fauna dos nosos ríos.
Vídeo cedido.