EconomíaEconomíaÚltima hora

Sorteo da campaña de namorados do CCA O Barco

Seis ceas para seis parellas nos establecementos hostaleiros da asociación barquense
Un corazón, símbolo de amor. /Foto: Carlos G. Hervella.
Un corazón, símbolo de amor. /Foto: Carlos G. Hervella.

Na mañá do 18 de febreiro realizábase na oficina do Centro Comercial Aberto O Barco, o sorteo da campaña de namorados 2015, consistente en seis ceas para seis parellas, nos establecementos de hostalaría integrados na asociación.

O sorteo realizouse con papeletas repartidas coas compras realizadas nos establecementos asociados entre o 30 de xaneiro e o 14 de febreiro, Día dos namorados.

Os premiados foron: Cristina Osorio (papeleta repartida en Pilardos) e Cristina Pérez (papeleta de Joyería Sara) con sendas ceas para dúas persoas en Piquiño Restaurante; Marta Iglesias (Boutique Glory) e Carmen Rodríguez (Pili Confecciones) con ceas para dúas persoas en Tapería Al Natural; e Rebeca Teixeira (Ferretería Moncho) e María Garrido (Ganu) con sendas ceas para dúas parellas no Restaurante Fernando III.

Tal como explican dende o CCA O Barco, os agraciados no sorteo, xunto cos gañadores das tres ceas que se sortearán o vindeiro domingo 22 de febreiro na IV Carreira por Parellas obarconamora, cearán o sábado 28 de febreiro.

Artigos relacionados

Back to top button