Deportes

Special Olympics organiza unha marcha ciclista unificada por Ourense o venres 19

Contará coa participación de 60 persoas, 33 delas con discapacidade intelectual, que percorrerán 15 km pola cidade
A marcha ciclista para persoas con discapacidade intelectual será o día 19 ás 12:30 horas.
A marcha ciclista para persoas con discapacidade intelectual será o día 19 ás 12:30 horas.

No día anterior ao paso de La Vuelta por Ourense, a cidade acollerá a primeira das tres marchas ciclistas unificadas para persoas con discapacidade intelectual organizadas pola asociación Special Olympics. As outras dúas etapas discorrerán por Lugo e Santiago de Compostela. Participarán 60 corredores -entre eles 33 persoas con discapacidade intelectual- que percorrerán unha distancia de 15 kilómetros. A carreira “é un exemplo do esforzo pola integración que demosran as asociacións implicadas”, definiu o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen tamén destacou “a obriga das administracións para eliminar das nosas vidas calquera tipo de obstáculos, mentais e físicos”.

O acto de presentación da proba tivo lugar esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense. Estivo presente, ademais do propio rexedor, o presidente de Special Olympics de Galicia, Eladio Fernández, que destacou o compromiso da Consellería de Política Social da Xunta por integrar na mesma marcha a persoas con e sen discapacidade, e agradeceu o esforzo do Concello por acoller unha proba que quere “dar visibilidade ás posibilidades e actitudes dos discapacitados”.

A marcha iniciarase o venres 19 ás 12:30 horas desde a Avenida Pardo de Cela. Percorrerá o casco urbano para rematar de novo no barrio da Ponte. Haberá cortes de tráfico, segundo se explicou, pero serán “moi puntuais e coa menor incidencia para o tráfico.”

Artigos relacionados

Back to top button