EconomíaEconomíaÚltima hora

SPEDION España, empresa emprazada na Rúa, formaliza a súa adhesión ao Clúster da Función Loxística de Galicia

A súa directora executiva, Beatriz García, mantiña unha reunión co xerente do Clúster, Iago Domínguez, para integrarse no grupo

Reunión telemática de Iago Domínguez, xerente do Clúster, con Beatriz García, directora executiva de SPEDION España.

 

Na mañá deste mércores 28 de febreiro, SPEDION España, empresa emprazada na Rúa, formalizaba a súa adhesión ao Clúster da Función Loxística de Galicia. A directora executiva da compañía no noso país, Beatriz García, ratificaba a integración nesta entidade tras manter un encontro telemático co seu xerente, Iago Domínguez, no que valorou “a capacidade da Agrupación industrial para xerar valor engadido ás empresas do sector promovendo, entre outras cuestións, a participación en proxectos colaborativos de innovación”. Precisamente, tal e como destacou García, “a innovación é unha das premisas e valores corporativos fundamentais sobre os que esta empresa impulsa o seu desenvolvemento”.

Beatriz García tamén valorou a intensa actividade que realiza o Clúster da Función Loxística de Galicia en beneficio das empresas integradas no seu seo tanto no plano formativo como á hora de xerar eventos que favorezan un networking proveitoso entre representantes da cadea de valor do sector loxístico. “Para SPEDION España constitúe unha magnífica oportunidade poder presentar a nosa proposta de valor en diferentes foros sectoriais aos que a Agrupación industrial pode darnos acceso”, abundou García.

Pola súa banda, Iago Domínguez deu a benvida á nova empresa ao Clúster da Función Loxística de Galicia, que integra xa a 54 grupos empresariais de toda a cadea loxística e cunha facturación global de máis de 11.000 millóns de euros e implantación en todos los continentes e máis de 100 países, destacando que “a función loxística é un piar fundamental para o tecido produtivo ao supoñer un 12,5% do PIB galego, se temos en conta os departamentos loxísticos das empresas de todos os sectores” e que “a dixitalización e as empresas tecnolóxicas están chamadas a xogar un papel aínda máis importante do que teñen actualmente”.

De matriz alemá, SPEDION está especializada no desenvolvemento de sistemas, solucións, produtos e servizos telemáticos para empresas que xestionan frotas de camións ou de vehículos mixtos de toda Europa. Na actualidade, máis de 500 clientes en toda Europa (máis de 120 en España) confían na súa xestión, que se achega a 29.000 vehículos equipados e supera os 330.000 roteiros mensuais.

 

Artigos relacionados

Back to top button