CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Sr. Jingles actúa no mítico Náutico de San Vicente do Mar, no Grove

A banda liderada polo barquense Ramiro Núñez está inmersa na xira 2023 de 'El Grito Wilhelm'

Actuación de Sr. Jingles no Náutico do Grove./ Foto cedida.

 

O músico barquense Ramiro Núñez e a súa banda Sr. Jingles comezan o verán pisando forte. Despois de ter actuado en Ribadavia, no marco da 60ª Feira do Viño do Ribeiro, e ter que aprazar o concerto en ‘O Xardín da Ledicia’ en Rubiás (Allariz) por “problemas de loxística”, a banda de rock subíase ao escenario do Náutico de San Vicente do Mar, no Grove, “un sitio moi particular para todos os músicos do país e extranxeiros”, en palabras de Ramiro.

 

A banda liderada polo barquense Ramiro Núñez, Sr. Jingles.

 

Facíano o pasado 11 de xuño, estreándose no mítico local pontevedrés para presentar o disco que defenden nesta xira, El Grito Wilhelm que inclúe temas como Fénix.

A seguinte parada desta xira 2023 de Sr. Jingles será xa este 25 de xuño no Trampitán, en Ourense, en sesión vermú e formato dúo con Ramiro Núñez e David Quintas.

 

Artigos relacionados

Back to top button