CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Sr. Jingles deleita ao público en casa, no Barco de Valdeorras

 

Non é ningún segredo o disgusto de Ramiro Núñez por non poder actuar nas Festas do Cristo tal e como estaba previsto (Sr. Jingles era o teloneiro de Los Secretos pero un problema da organización impedíalle actuar). Por isto tampouco sorprende as ganas, a ilusión e a enerxía coa que actuaba por fin en casa, no Barco de Valdeorras, antes de rematar o ano e gravar o seu segundo disco.

 

 

Na medianoite do martes 5 de decembro, o músico barquense subíase ao escenario da Sala Baranda coa súa guitarra e moi ben acompañado por Marcos á batería, Ralph ao baixo e David Quintas e Lucas Rodicio ás guitarras eléctricas, para deleitar e emocionar ao público, e de paso “quitar a espiniña” que lles quedara no verán.

 

 

Era un concerto esperado e Sr. Jingles non defraudou, facendo un repaso polos mellores temas do seu primeiro disco El Grito Wilhelm co que reclama de forma clara e reivindicativa “o berro dunha sociedade en caída libre” cun tono sarcástico que ten como protagonistas á política, ás drogas ou ás relación personais. Temas como Cocaína, Fénix, Niebla, Condenados, Quemen a la bruja, Contra la humanidad,… Pero tamén cancións novas como Que nadie duerma, La hora de la culebra ou Como un perro que estará incluída no seguinte disco.

 

Ramiro Núñez-Sr. Jingles, actuando no Baranda.

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button