OurenseÚltima hora

O Subdelegado do Goberno reúnese cos representantes da administración periférica do Estado na provincia

De carácter bianual, esta é a segunda que se fai neste ano, pretende dar unha maior cohesión e coordinación ás medidas que o Estado está ou vai executar no futuro na provincia
A xuntanza tivo lugar na Subdelegación do Goberno.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, mantivo hoxe, 20 de decembro, unha xuntanza cos diferentes responsables da administración periférica do Estado na provincia para coñecer a evolución das accións que están a desenvolver cada un destes entes estatais.

Nesta xuntanza estiveron presentes o Secretario Xeral da Subdelegación, Manuel Arias Carral; Delegado de Economía e Facenda, Javier García Rodríguez; Delegada Provincial de Estatística, María Isabel Fariñas Pérez; Secretario Xeral da CH Miño – Sil, Manuel González Torres; Xefe Provincial da Inspección de Telecomunicacións, Enrique San Martín González; Inspectora da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, Ruth Cobo Rodríguez; Directora Provincial do INSS. Tania Lamas Pérez; Director Provincial do SEPE. José Pérez Iglesias; Secretario de MUFACE. Antonio Peña Godoy; Enxeñeiro da Unidade de Estradas do Estado, Marcos Sánchez Carricoba; Director Provincial do Centro Penitenciario, Luís González Crego; Tenente Coronel Xefe da Garda Civil, Manuel J. Novo Colldefors; Inspector do CNP, Juan Antonio Padrón Francisco; Subxefa Provincial de Tráfico, Andrea Conde Guerra e o Xefe da Área de Traballo da Subdelegación do Goberno, Antonio Rodríguez Padrón.

Asitentes á xuntanza.

Esta xuntanza enmárcase dentro da Comisión de Asistencia ao subdelegado, que con carácter bianual, “pretenden dar unha maior cohesión e coordinación ás medidas que o Goberno do Estado está ou vai executar no futuro en Ourense”, apuntan dende a Subdelegación.

De carácter informativo, esta Comisión pretende afondar no traballo en equipo, na valorización de ideas e na interconexión de pareceres e comprobar os obxectivos alcanzados, co gallo de evitar disfuncións da Administración e coa finalidade de seguir traballando nun mellor servizo prestado aos cidadáns da provincia.

Artigos relacionados

Back to top button