ConcellosÚltima hora

Susana Seivane e a orquestra Panorama, nas festas de verán de Quiroga

A Panorama abrirá as festas que comezan o 8 de agosto coa súa xira “Number One Tour” e Susana Seivane actuará o 10 de agosto
A gaiteira Susana Seivane./ Foto: http://www.susanaseivane.net

Aínda faltan meses, pero o Concello de Quiroga xa está perfilando o programa das súas festas de verán. E, nese senso, vén de facer público dúas das “actuacións estelares” desta celebración: a gaiteira Susana Seivane e a orquestra Panorama.

A orquestra Panorama abrirá as festas que comezan o xoves 8 de agosto coa súa xira “Number One Tour” e será a primeira das actuacións que esta formación musical realice na zona sur da provincia. Os festexos acollerán tamén a festa da comunidade o día 9 e o concerto de música folk de Susana Seivane será o sábado día 10. Coincidindo con estas festas un ano máis celebrarase unha nova edición da Mostra do Mel, que será a súa edición número dezaoito.

O concelleiro de festexos avanzou que durante estes catro días haberá ademais numerosas actuacións musicais e de entretemento para nenos, mozos e maiores que aínda non están totalmente pechadas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button