CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Suspendido polo Covid o CD Rúa-CD Vilar de Barrio que se ía disputar esta tarde no Vicente Solarat

Plantel do CD Rúa nesta tempada. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Aínda que parece que a sexta onda da pandemia vai remitindo, o Covid segue obrigando á suspensión de actos e competicións deportivas. Desta ocasión volve tratase do fútbol, sendo o Club Deportivo Rúa quen anunciaba a suspensión do partido que ían disputar na tarde deste sábado 29 de xaneiro, no campo rues Vicente Solarat contra o CD Vilar de Barrio. O motivo, os positivos rexistrados no conxunto visitante.

O partido estaba previsto para as catro e media da tarde e os de Javier Ferrer chegaban dende o 2º posto da Segunda Galicia, e a un só punto do líder, o Maceda. Os de Vilar de Barrio pola contra, facíano dende o penúltimo posto da clasificación.

 

Artigos relacionados

Back to top button