DeportesÚltima hora

SX Pontevedra e Celta Feminino, ganadores dun galego de clubs dedicado a Luis Nogueira

As pistas barquenses de Calabagueiros acollían esta competición absoluta na que o Ourense Atletismo quedaba terceiro en categoría feminina e o Adas sexto

 

“O importante desta competición non era o resultado, era a homenaxe a Luis Nogueira”. Dicía intentando conter as bágoas o delegado do RC Celta, José Angel Serantes, tras o ouro en categoría feminina e a prata en masculina que o seu club colleitaba neste 17 de abril no XXXII Campionato de Galicia absoluto de Clubs, disputado nas pistas de Calabagueiros (O Barco) en recoñecemento ao querido atleta vilamartinés Luis Nogueira.

Así, en categoría feminina o club celeste impoñíase no Barco, ao sumar un total de 110.5, fronte aos 108 da Sociedade Ximnástica de Pontevedra (entre cuxos atletas está a vilamartinesa Eva Arias), mentres que o terceiro posto no podio correspondíalle ao Ourense Atletismo con 87 puntos. Ademais o Club Adas Proinor situábase sexto na táboa clasificatoria con 75 puntos.

 

 

No referente á categoría masculina era a SX Pontevedra a que se facía co título galego ao colleitar 132 puntos, mentres que a subcampionato era para o R.C. Celta con 118 puntos (sendo o marchador barquense José Fernández Nieves un dos seus atletas e o que subía ao podio a recoller o trofeo en nome do seu club). Finalmente, o C.A. Santiago quedaba terceiro con 84 puntos.

O mellor resultado ourensán por clubs na categoría feminina viña da man do Ourense Atletismo, cun sétimo posto.

No acto de entrega de premios aos clubs participaban o presidente da Federación Galega de Atletismo (FGA), Isidoro Hornillos; o presidente do Adas, Agustín González; e os delegados da FGA en Valdeorras, Manuel Rodríguez, e en Ourense, Lalo Gómez.

Táboa final de postos por puntos

Fonte: FGA.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button