CD VianaDeportesFútbolÚltima hora

Táboas nas Carrelas no último amigable da pretempada entre CD Viana e CD Córgomo Vilamartín

 

Na vindeira fin de semana comeza a liga en Segunda Galicia e no grupo 3 de Ourense veranse as caras sobre o terreo de xogo catro equipos do oriente ourensán: CD Trives, CD Rúa, CD Viana e o recentemente creado CD Córgomo Vilamartín.

Todos teñen como obxectivo facer o mellor xogo posible e loitar polo ascenso, polo que están apurando todo o que poden a pretempada cos adestramentos e correspondentes test de nivel. O último para o CD Córgomo que xa leva disputados bastantes amigables, tiña lugar na tarde deste sábado 3 de setembro no campo das Carrelas, en Viana do Bolo, fronte ao equipo vianés, “un dos mellores equipos da categoría”, en palabras do conxunto vilamartinés.

 

Os planteis do CD Viana e CD Córgomo Vilamartín antes de comezar o partido.

 

O partido comezaba á sete da tarde e malia non xogarse nada ámbolos dous equipos pelexaron polo control do balón e polos goles, animados polos seus propios seguidores. Finalmente o choque saldábase co empate 2-2.

E xa no inicio de liga os dous equipos xogarán como visitantes. O Viana de Julio Couso viaxará ata o campo Vicente Solarat Maceda para enfrontarse ao CD Rúa de Javier Ferrer, mentres que o Córgomo Vilamartín de Jesús Álvarez desprazarase ata o campo do Agro para estrearse contra o CD Trives de David Pérez. Dobre derbi para comezar unha liga que promete bo xogo e moitas emocións.

 

Xogada do amigable disputado no campo das Carrelas.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button