CD RúaCD VianaDeportesFútbolÚltima hora

Táboas no Vicente Solarat Maceda no derbi CD Rúa-CD Viana

Co empate a 2 remataba o primeiro partido da tempada na Segunda Galicia grupo 3 de Ourense

 

Na tarde deste domingo 11 de setembro o Vicente Solarat Maceda, sito no Aguillón rues, acollía o primeiro partido da liga 2022/2023 entre o CD Rúa e o CD Viana. Dous equipos que compiten na Segunda Galicia e que repartían os puntos tralo empate a 2.

No terreo de xogo notábase a tensión. Non só por ser o primeiro partido oficial da tempada, senón pola proximidade de ámbolos dous conxuntos, considerándose un dos derbis que se disputará nos vindeiros meses. O papel do árbitro, moi cuestionado e criticado durante o partido tampouco axudaba a relaxar o ambiente.

 

 

Así e todo eran os locais os que se adiantaban no marcador, grazas ao gol de Samu no minuto 11, chegando ao tempo de descanso co 1-0. Tralo paso polo vestiario era Iago quen anotaba no minuto 64 para o Viana poñendo o 1-1 no marcador. Nunha rápida contra, só un minuto despois Samu volvía anotar (2-1) pero rozando xa o final, no minuto 90, Marcos marcaban para o conxunto celeste poñendo o 2-2 final no marcador.

A seguinte cita para o CD Rúa será no campo do Antela mentres que o CD Viana recibirá nas Carrelas ao CD Trives, no segundo derbi da tempada.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button