ConcellosO BarcoÚltima hora

Talle de arte floral no Barco, os días 14 e 15 de decembro

 

Os días 14 e 15 de decembro celébrase un taller de arte floral organizado polo Concello do Barco dentro das actividades programadas para o Nadal. Nesta ocasión, a actividade vaise desenvolver no segundo andar do Casino do Barco, e en total poderán participar 17 persoas cada día (34 en total). O taller celebrarase entre as 20,00 e as 21,30 horas.

As inscricións poderán realizarse a partir das 10,00 horas do día 1 de decembro, a través da dirección de mail concelleria.turismo@concellodobarco.org . Os interesados deberán indicar o nome, apelidos, DNI, teléfono e mail de contacto. En cada mensaxe de mail só se poderán anotar dúas persoas como máximo, e as prazas adxudicaranse por rigoroso orde de entrada, ata completar as existentes. Todos os que se inscriban recibirán un mail de confirmación da súa inscrición ou, no caso de completarse as prazas, da denegación de inscrición.

Artigos relacionados

Back to top button