Segundo o previsto, a ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino celebra nesta fin de semana un obradoiro de adornos de Nadal. Tratase dunha actividade de manualidades na que traballarán con materiais nanturais e reciclados como piñas, madeira, froitos secos, ramas, follas de piñeiro,…
A primeira sesión, na que se elaboraban fermosos centros de mesa, tiña lugar na tarde deste sábado 14 de decembro e mañá haberá unha nova, no local que a ANPA ten a carón da praza José Luis Núñez.

Este obradoiro conta coa colaboración do Concello de Vilamartín de Valdeorras, igual que o “Mercadillo de Nadal” que a ANPA organiza para o 24 de decembro (día de feira) de 11 a 18 horas na praza do pobo con postos de artesanía, produtos típicos, oportunidades, segunda man,… e para os máis pequenos, ruta en Tren de Nadal e Casa de Papá Noel.
Fotos: Mónica G. Bellver.



