SanidadeÚltima hora

“Taller de soporte vital básico” para profesores, organizado polo Centro de Saúde do Barco

Impartíase esta tarde no salón de actos do CEIP Condesa de Fenosa por parte das enfermeiras Iria Villar e Beatriz Rodríguez, especialistas en Pediatría

 

No marco das actividades de saúde comunitaria que organiza o Centro de Saúde do Barco esta tarde vén de impartirse un “Taller de soporte vital básico”, dirixido a docentes. Esta sesión formativa, impartida polas enfermeiras especialistas en Pediatría Iria María Villar e Beatriz Rodríguez Collazo, desenvolvíase no salón de actos do CEIP Condesa de Fenosa do Barco.

 

 

Neste taller inscribíanse uns 15 profesores e o material para realizalo foi cedido por Ambulancias Sil. “Este obradoiro xurde a demanda do profesorado, no marco do contacto permanente do persoal de atención primaria cos colexios das súas áreas de referencia, en programas como Pupas, Sustos e Outros Disgustos, Coñece o teu Centro de Saúde, etc.”, indican dende a área sanitaria ourensá. Trátase ademais do primeiro obradoiro destas características que se organiza en Ourense.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button