SanidadeÚltima hora

Taller sobre hixiene bucodental infantil no Barco coa odontopediatra Mónica Pérez

A actividade estaba organizada pola Asociación De Nai a Nai e celebrábase no local da asociación

 

A importancia de ensinar e educar sobre saúde bucodental xa dende idades ben temperás poñíase de manifesto no taller “Saúde bucodental na infancia”, impartido pola odontopediatra Mónica G. Pérez, que exerce no Barco.

Ao longo da súa intervención abordaba os bos hábitos que deben seguirse xa dende bebés para ter boa saúde oral no futuro. Ademais daba unha serie de pautas para conseguilo, comentando detalles como o chupete ideal para os meniños ou o tipo de mordedores máis adecuados.

Esta sesión divulgativa estaba organizada pola Asociación De Nai a Nai, era aberta ao público e desenvolvíase no local desta entidade no Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button