Cargada de actividades para os máis pequenos da vila se presenta este ano a celebración do Samaín no Barco Centro Comercial Aberto (CCA).
Un programa que arrincaba na tarde deste venres 27 de outubro baixo a carpa instalada na praza do Concello do Barco, cun taller no que os cativos asistentes (previa inscrición presentando un tícket de compra por importe superior a 10 euros), aprenderon a facer un orixinal tarro-momia entre outras manualidades. Nesta tarde tamén hai pintacaras, cunha gran variedade de terroríficos modelos a elixir e ata un fotomatón para gardar a imaxe como recordo.
E xa a partir das sete e media terá lugar o espectáculo “Abracadaver” do Circo do Terror. Mañá haberá máis actividades pola mañá e pola tarde será a quenda do túnel do terror no pavillón vello.
Fotos: Mónica G. Bellver.