CulturaCulturaÚltima hora

Tarde de disfraces e xogos no Entroido infantil de Petín

 

O patio cuberto da Casa da Cultura de Petín, acollía na tarde deste luns12 de febreiro o Entroido infantil organizado polo Concello, unha actividade que reunía a numerosos cativos que, nalgúns casos acompañados  polos pais, pasaron unha entretida tarde.

 

 

Non faltou a música, os xogos, a merenda e por suposto os disfraces. Había moita princesa e tamén súper heroes, algunha bruxa e mesmo pequenos gusaniños,… todos perfectamente maquillados, que non dubidaron en participar nos xogos propostos polas monitoras ata que chegaba á hora da merenda: un rico chocolate con biscoitos servido pola propia alcaldesa, Raquel Bautista, e as colaboradoras.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button