CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de relatos e teatro para celebrar as Letras Galegas en Viana

O programa continúa o 18 de maio coa actuación de Mercedes Peón na Casa da Cultura

Cun completo programa de actividades están a celebrar en Viana do Bolo as Letras Galegas neste mes de maio. Comezaban o día 4 cunha conferencia a cargo do investigador vianés Carlos X. Ares e continuaban o día 10 coa actuación da Asociación Cultural Candea e o 12 cunha homenaxe a Antonio Fragua.

O 17 de de maio, Día das Letras Galegas, tocáballe o turno ao teatro con monicreques e malabares da man do grupo Chop! así como á entrega de premios do concurso de relatos breves convocado polo Concello para os escolares vianeses. O acto tiña lugar no pavillón municipal de deportes e contou coa presenza do alcalde Secundino Fernández e da concelleira de Cultura Graciela Diéguez.

O programa continuará con música. Hoxe, 18 de maio, Mercedes Peón presentará ás 20:30h. na Casa da Cultura o seu novo disco Déixaas e o día 25 o Orfeón Vianés dará un concerto nese mesmo escenario acompañado polo Orfeón Caldelas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button