CulturaCulturaÚltima hora

Tarde de teatro en Quiroga con ‘Vidas entre lusco e fusco’ de Rosa E. Gantes

 

Moi entretida estivo a tarde deste domingo 22 de decembro en Quiroga. Primeiro tiña lugar o concerto de Nadal de María do Ceo e a Coral Polifónica de Quiroga na igrexa de Hospital; e xa preto da noitiña era a quenda do teatro no Auditorio Municipal coa representación da obra Vidas entre lusco e fusco de Rosa E. Gantes, a cargo de Teatro das Aras.

Dirixida por Silda Alfaro, a obra arranca cun grupo de veciños que na escuridade da noite tenta un enganche desde o alumeado público. A acción é interrompida pola presenza de dúas mulleres, nai e filla que están a apañar leña para sobrevivir.  O conflito colectivo e fío condutor fica presentado, hai un infra-mundo de pobreza agochada na marxinalidade que non vemos ou non queremos ver. A partir de aquí, a trama desta traxicomedia decorre ao redor de varias historias. Unha cadea de enredos que expón estratexias de supervivencia entre as que destaca o humor, que vai desde a ironía á parodia, adquirindo por momentos uns toques de humor negro.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button