A compañía Lameiro actuará o 19 de marzo no Salón de Actos do Concello de Ribas de Sil
O Concello de Ribas de Sil continúa co ciclo de “Tardes de Teatro no Inverno”. A próxima cita será mañá, 19 de marzo, Día do Pai. Ás 20h. o Salón e Actos do Concello acollerá a representación da obra “Un mal día” a cargo da compañía de teatro Lameiro.