CulturaCulturaÚltima hora

Tarde de teatro na praza César Conti (A Rúa) con Gabriel Faversani

 

Dun xeito divertido pasaban a tarde deste domingo 14 de abril os veciños da Rúa Vella. En plena praza César Conti, diante dunha da casasa máis bonitas da vila, o actor e director axentino Gabriel Faversani (Compañía Bola 8) deleitaba a nenos e maiores coa obra de teatro Los cuentos de Gabotino.

 

O actor e director arxentino ,Gabriel Faversani.

 

Contos narrados con gracia co principal obxectivo de divertir, recrear e promover o amor polos relatos e a  lectura, nos que o actor interactuou co público ao que fixo partícipe da propia obra.

No apartado técnico estaba o actor valdeorrés Gabriel Prada.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button