ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Tarde de tormenta no Barco

 

Ata catro veces no que vai de tarde a tormenta deixábase sentir no Barco. Primeiro con chuvia, e, xa a media tarde, con aparato eléctrico. A última desas ocasións tiña lugar pasando as 20h. momento no que se escurecía notablemente a tarde. Chovía con intensidade, pero durante pouco tempo (agás no caso das oito), sorprendendo a moitas persoas que camiñaban sen paraugas.

Cumpríanse deste xeito as previsións meteorolóxicas de tormentas para esta tarde. Tamén descargaba noutros puntos da provincia de Ourense e mesmo en Ponferrada, na veciña comarca do Bierzo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button