ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Tarde de treboada no Barco de Valdeorras

 

Unha vez máis cumpríanse as previsións e na tarde deste venres 15 de setembro chovia con intensidade en Vadeorras. No caso do Barco, comezaba en torno ás catro pero era media hora despois cando a tormenta descargaba con forza, con moita auga e fortes refachos de vento.

 

 

Aínda que a estas horas xa escampou a chuvia obrigaba a cambiar de ubicación o espectáculo The Show Moscón, que debía celebrase á beira do Sil e que pasa ao Teatro Lauro Olmo ás 19 horas.

Segundo as previsións meteorolóxicas tamén se esperan intensas chuvias para mañá, sábado 16 de setembro.

 

 

 

Fotos: A.R.
Vídeos: A.R./ Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button