ConcellosÚltima hora

Teatro, cine, bancos violetas e bolboretas con mensaxes para celebrar en Trives o 8M

Exterior da Casa do Concello de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A praza da Igualdade da Pobra de Trives será decorada dun xeito especial con motivo da conmemoración do Día da Muller. O 8 de marzo, ás 12.00 horas, inauguraranse bancos violetas e unha rede de bolboretas e mensaxes feministas que reivindicarán os dereitos das mulleres neste espazo tan significativo.

A programación do 8M elaborada polo Concello da Pobra de Trives estenderase durante a fin de semana. Instalarase unha pancarta conmemorativa e alumeado violeta na Casa do Concello para dar visibilidade á loita pola igualdade.

 

O sábado 9 de marzo, a partir das 19.00 horas, ofrecerase no Auditorio o monólogo de “Hermen e Hildo”, para todos os públicos a partir de 3 anos. O domingo 10 de marzo levarase a cabo a proxección e o coloquio do documental “Amanezca” de Lucía Álvarez. Será no Auditorio a partir das 19.00 horas.

Con esta programación o Concello da Pobra de Trives pretende “seguir traballando en favor da igualdade e dar visibilidade a unha loita que debe implicar a toda a sociedade. Por iso anímase a toda a poboación a participar no programa de actividades”, destacan dende o seu grupo de goberno.

Artigos relacionados

Back to top button