
“Tal e como se expresa na ONU, a violencia contra as mulleres e as nenas, arraigada nunhas relacións de poder desiguais entre mulleres e homes, persiste como unha crise silenciosa e endémica”, aseguran dende o Concello do Barco de Valdeorras que remitiu unha carta a entidades e asociación, buscando a “implicación do tecido económico, laboral e sindical, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como de toda a cidadanía, buscando conseguir unha resposta colectiva de rexeitamento permanente á violencia de xénero e dos asasinatos machistas”.
Un ano máis, o Concello “convida aos comercios e resto de establecementos do Barco a vestirse de negro, e a colocar carteis de repulsa nos seus escaparates, do 25 ao 30 de novembro”, como parte das actividades conmemorativas do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, cun programa que inclúe teatro, cine música e por suposto lectura de manifestos.

O acto central será o luns, día 25 de novembro ás 12 horas na praza del Concello onde terá lugar a oncentración de repulsa en contra da violencia de xénero con lectura de manifestos por parte de representantes dos institutos do Barco: Martaguisela, Divina Pastora e Lauro Olmo; actuación musical de alumnos do Conservatorio do Barco; e lectura de manifestoinstitucional do Concello.
Ese día tamén se iluminará simbolicamente o Concello en memoria das mulleres asasinadas: farolillos morados na entrada edificio Multiusos e Iluminación fachada Concello vello.



