OurenseÚltima hora

“Teatro de Guiñol” no Auditorio de Ourense

Pirilampo homenaxea a Manuel María neste espectáculo que será presentado o sábado 19 de marzo ás 18h.

CARTEL

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o sábado 19 de marzo, a presentación de “Teatro de Guiñol”, un espectáculo de música infantil do grupo coruñés Pirilampo baseado nos poemas de Manuel María.

“Teatro de Guiñol” é un libro-disco formado por once temas (os máis retranqueiros e festivos de Manuel María) compilados dos poemarios “As rúas do vento ceibe, “Os soños na Gaiola”e “Terra Chá”, que foron musicados polo grupo Pirilampo, sendo esta a súa segunda contribución á colección Sonárbore da editorial Galaxia.

Mención especial merece o deseño do álbume, que “grazas á achega do recoñecido artista gráfico Iván R. se convirte, case, en peza de coleccionista”, aseguran dende Galaxia, engadindo que se trata “dunha coidada e particular estética que recrea a vida que existe máis aló das verbas de Manuel María”.

“A natureza”, “O vento”, “A fala”, “Anduriñas”, “Neve” ou o propio “Teatro de Guiñol”, que dá título ao álbume, son só algúns dos poemas escolmados, para o gozo de grandes e pequenos. Poemas atemporais para ser contados e cantados, moito máis aló deste ano 2016 no que se lle adica a Manuel María o Día das Letras. Os asistentes ao concerto en Ourense, terán a oportunidade de comprobalo. O prezo da entrada é de 3 euros.

Artigos relacionados

Back to top button