CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Teatro, música e exposición de clásicos nas festas de Vilamartín

A Ruada puxo o toque de humor coa representación da obra A voda do esganarello no Centro Cultural Santa Lucía

Vilamartín de Valdeorras está en festas e malia que o día grande é mañá (festividade de San Jorge), o programa arrancaba xa o venres 19 de abril con actividades para todos os gustos e idades.

A xornada do domingo, arrancaba co pasarrúas do grupo Airiños de Caldelas e a exposición de coches clásicos na praza durante a sesión vermú, e xa pola tarde, tocoulle o turno ao teatro coa representación da obra A voda do esganarello a cargo do grupo A Ruada. O Centro Social Santa Lucía acollía esta disparatada obra que narra as inquedanzas amorosas dun home rico e entrado en anos, prendado dunhe fermosa xove. Unha adaptación da obra de Molière Le Mariage, aliñada cos rumores e trouladas dos entendidos na materia que fixeron as delicias dos asistentes.

O baile do domingo correu por conta da orquestra Marbella e hoxe, luns 22 de abril, tocaralle o turno ao Trío Fussión que actuará en sesión de tarde e verbena.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button