CulturaCulturaÚltima hora

Teatro para revivir a historia do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil)

 

Unha visita teatralizada ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil tiña lugar o venres 6 de outubro, organizada Pola Asociación Cultural Platea Lúa (da que forman parte doce compoñentes de Ourense, Celanova,Ribadavia, Sandiás e Cartelle) en colaboración coa Deputación de Ourense e o concello de Parada de Sil.

 

 

Esta asociación pretende pór en valor o patrimonio dun xeito diferenciado e ameno para os asistentes. Neste caso unha actriz e dous actores explicaron a importanica dos monxes nesta zona, así como as súas actividades e a importancia artística do mosterio, “a xoia do románico” na Ribeira Sacra.

Tamén puxeron en valor a paisaxe do souto de Merilán, así como a súa importancia na economía da contorna.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button