CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Teatro, ‘photocall’, ‘escape room’ e unha festa terrorífica, no Samaín do CEIP Condesa de Fenosa do Barco

 

Fieis á cita cos demos, bruxas, pantasmas e mortos vivintes, na xornda do venres 28 de outubro, o celebraban no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco o seu particular Samaín.

Entre outras cousas, xa durante toda a semana tiveron unha exposición de cabazas polos corredores do colexio, reservando para o venres o prato forte: unha pequena actuación teatral para o alumnado de Infantil, proxeccións de películas e curtas de terror, un photocall, unha festa terrorífica para o alumnado de Infantil e o 1⁰ ciclo de Primaria.

 

 

Para os maiores, o alumnado de 6⁰ de Primaria houbo tamén un escape room e para todo o alumnado de Primaria, un túnel do terror.

Dende a Comunidade Educativa agradecen a colaboración das familias para poder desenvolver algunhas destas actividades, desexándolles que desfruten dun merecido descanso nestes días de ponte.

 

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button