CulturaMúsica

Technosil 2013, pensando na segunda edición

A localidade lucense de San Clodio celebraba este evento musical o pasado 17 de agosto
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Dj’s de referencia a nivel mundial como o xaponés Kazu Kimura e tamén galego como Darkrow, foron cabeza de cartel no I festival techno celebrado a mediados de agosto en San Clodio (Ribas de Sil), organizado por Technosil. 10.000 w. de son e 6.000 w. de iluminación para máis de seis horas de música electrónica. Quizais non houbo tanto público como cabía esperar nun evento destas características cun investimento de 6.000 euros e pinchadiscos de primeiro nivel.

“En San Clodio levaban tres días de festas e había varios eventos ese mesmo día” din dende a organización, asegurando non obstante, que venderon 400 entradas “que hoxendía é un exitazo, sobre todo para ser a primeira vez que se facía nun lugar no que non hai tradición deste tipo de festivais”.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button