CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Templarios, monxes, señores e labregos na primera ruta dos “Sendeiros Nocturnos” de Trives

Publicidade
Numerosas persoas participaban neste roteiro teatralizado que percorría Os Sequeiros

Tras a boa acollida de anteriores edicións, Trives retoma neste verán o circuíto dos “Sendeiros Nocturnos”. O primeiro deles tiña lugar a finais de xullo e transitaba polos Sequeiros. Tratábase dunha ruta teatralizada de carácter circular duns 3 quilómetros de lonxitude.

No percorrido os camiñantes encontrábanse con personaxes como Aymeric Picaud, un monxe francés do século XII, que fixo o Camiño de Santiago e escribiu o libro “El primer libro del peregrino” sobre a ruta xacabea, que posteriormente foi incluído no Códice Calixtino.

Ao longo do traxecto ían aparecendo tamén distintas personaxes do campesiñado medieval na súa xornada de traballo nos soutos e ao chegar aos Sequeiros a “Dona das Terras” estaba presente para cobrarlle a renta aos campesiños e armou unha festa cando viu tanta xente, facendo que a gran protagonista fora a Bica. Alí todos os asistentes puideron degustar un anaquiño de bica, acompañado por un cafeciño ou colacao quente.

A viaxe continuou co alto inesperado dos gardas da Orde do Temple ou coas monxas que enviou a Abadesa de Sobrado. O conxunto da ruta estaba asemade amenizada por un grupo de gaiteiros. Ao final, a Dona dos Sequeiros agasallou a ese raro monxe francés cunha bica convidando a todos a asistir á Festa da Bica.

Fotos: Concello de Trives

Artigos relacionados

Back to top button