DeportesÚltima hora

Terceira xornada de atletismo en pista Xogade, no Barco

 

Atletas da base de diferentes puntos da comarca de Valdeorras, pero tamén de zonas como as Terras de Trives, Viana do Bolo e mesmo de Ourense dábanse cita esta mañá en Calabagueiros (O Barco) para participar na terceira xornada de atletismo en pista Xogade. En total eran uns 156 nenos e nenas.

 

 

Trátase dunha xornada de marcas ao aire libre que se iniciaba rozando as dez da mañá coa proba de 2 km marcha Sub14 e Sub12 e coa altura Sub12, a partir de aí virían diferentes disciplinas. Entre os clubs participantes estaban do Adas Cupa, o Atletismo Rúa, o CEIP Bibei de Viana do Bolo, as Escolas Deportivas de Trives, Ourense Atletismo e CD La Purísima.

Este xornada ten sido promovida polo Club Adas coa colaboración da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button