ConcellosPetínÚltima horaVídeos

Teresa-Manuel e Manuela-Bautista da Portela, dobre homenaxe na Festa da Freba de Petín 2023

Recibían o recoñecemento do Concello pola súa "implicación e esforzo durante todos estes anos por manter viva a tradición das feiras neste pobo

 

Dende hai uns anos a Festa da Freba de Petín inclúe unha “pequena gran homenaxe”. No 2021 fixéronlla a Inés que ese ano cumpría 100 anos, no 2022 foi para Pilar “por manter viva as tradicións de Petín”, e neste 2023 foi para catro persoas que “durante moito tempo acompañáronnos en encheron a praza de Petín de vida especialmente na feira”.

 

 

Así presentaba a alcaldesa de Petín Raquel Bautista a Teresa e Manuel e Manuela e Bautista, dous matrimonios da Portela xa xubilados que recollían as súas placas en nome do Concello pola súa “implicación e esforzo durante todos estes anos por manter viva a tradición das feiras neste pobo”, antes de comezar o multitudinario e animado xantar.

 

 

Fotos Carlos G. Hervella.

 

 

Vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button