PolíticaÚltima hora

Tomás Pérez Vidal recibe unha das medallas do Parlamento de Galicia

A Coral De Ruada porá música á entrega de galardóns aos expresidentes da Cámara
O valdeorrés Tomás Pérez Vidal recibirá a súa Medalla.
O valdeorrés Tomás Pérez Vidal recibirá a súa Medalla.

Coincidindo co 35º aniversario da promulgación do Estatuto, o mércores 6 de abril ás 12:30 horas, o Parlamento de Galicia entregará as súas medallas aos expresidentes da Cámara: Antonio Rosón Pérez (a título póstumo), Tomás Pérez Vidal, Victorino Núñez Rodríguez (a título póstumo), José María García Leira, Dolores Villarino Santiago e Pilar Rojo Noguera.

A concesión das medallas, acordada pola Mesa da Cámara na sesión do pasado 14 de marzo, súmase ás iniciativas encamiñadas a impulsar o papel central do Parlamento na vida política galegae con ela pretende ademais, poñer en valor os acordos conseguidos na sede parlamentaria.

A Coral De Ruada nun acto celebrado no Centro Cultural Avenida da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella
A Coral De Ruada nun acto celebrado no Centro Cultural Avenida da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella

Para solemnizar o acto institucional foi convidada a Coral De Ruada, de Ourense, que aportará as súas cantigas baixo a dirección de Xoán Antón Vázquez Casas, finalizando coa interpretación do Himno Galego.

Catro días despois, o domingo 10 de abril ás 9:30 horas, a coral ourensá cantará na misa que terá lugar na capela do Santo Cristo da Catedral de Ourense, organizada entre outros actos pola Fundación Otero Pedrayo co gallo do 40º aniversario do pasamento do literato, Ramón Otero Pedrayo.

Artigos relacionados

Back to top button