En portadaÚltima hora

Tradición, devoción e festa na honra ao Pai Eterno en Lardeira (Carballeda de Valdeorras)

A procesión coa venerada imaxe será este domingo 26 de maio ás 13 horas

 

A localidade valdeorresa de Lardeira (Carballeda de Valdeorras) celebra esta fin de semana as festas na honra ao Pai Eterno. Unha tradicional celebración que reúne cada ano a numerosos devotos en torno á imaxe da Santísima Trinidade.

 

 

O programa comezará mañá, sábado 25 de maio ás 21 horas con baile a cargo de A Boa Festa, seguida dunha cea popular (15 euros) e o concerto de Pili Pampín xa de madrugada (00:30 horas).

 

 

Con todo, o día central da festa será o domingo 26 de maio. Haberá misas cada hora dende as 10 da mañá, sendo ás 13 horas cando teña lugar a procesión coas imaxes do Pai Eterno e a da Virxe polas rúas da localidade, cos devotos pasando por debaixo da venerada imaxe tal como marca a tradición.

 

 

A misa estará oficiada, entre outros, polo párroco de Lardeira, Juan José Prieto e no decurso da celebración relixiosa interpretarnase os “Gozos” do Pai Eterno, cunha serie de estrofas que interpretan, de forma alterna, mulleres e homes.

 

Tralos cultos haberá sesión vermú e baile, en sesión de tarde longa, a cargo da orquestra D’Noche.

Fotos da procesión do Pai Eterno: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button