Numerosas persoas se reunían esta mañá de 10 de abril tiña no adro da igrexa de Nosa Señora de Fátima en Fontei (A Rúa) para asistir á tradicional bendición de ramos que dá inicio aos cultos da Semana Santa nesta parroquia. O sacerdote introducía un ramo en auga bendita e, a continuación, procedía a dar a bendición dos ramos e palmas dos fieis.
Seguidamente, entraba na igrexa e ía bendecindo cada un dos ramos que levaban as persoas que estaban no interior do templo ata chegar ao altar. Unha vez alí, iniciábase a misa deste Domingo de Ramos.
Fotos: Carlos G. Hervella.