
A terceira etapa da volta ciclista O Gran Camiño percorrerá boa parte das comarcas de Terras de Trives e Valdeorras, obrigando a restrinxir o tráfico en varias estradas durante o paso do pelotón a primeira hora da tarde do sábado 25 de febreiro.
Tal como informan no Concello de Petín haberá restrincións dende as 13:30 horas ata o fin do pasos dos ciclistas na OU-636 (A Pobra de Trives-Freixido de Abaixo) e na OU-533 (A Gudiña-A Rúa).
Con respecto ao paso pola Rúa e tal como informan dende este Concello, a partir das 14 horas a vía central integrada polas rúas Prgreso, Campogrande e San Roque “permanecerán cortadas ata o paso final dos corredores”.
E xa no Barco de Valdeorras, segundo informan dende a Policía Local, desde as tres da tarde e ata as cinco aproximadamente afectará a toda a travesía, “desde Viloira ata o polígono no que é a primeira pasada e media hora ou corenta e cinco minutos despois virán outra vez por Viloira, Catro Camiños e Avenida do Bierzo”.
Máis información sobre a proba e a súa ruta nestes enlaces:
https://ograncamino.gal/etapa-3
https://youtu.be/azEkFzZHY80