ConcellosÚltima horaVilamartín

Transbordo dos pasaxeiros dun tren que quedou parado en Vilamartín a causa dun cable a baixa altura

 

Un cable a baixa altura obrigou a deter a circulación ferroviaria entre A Rúa-Petín e Vilamartín de Valdeorras pasadas as nove da noite de onte venres, segundo informa o 112 Galicia.

“Os 158 pasaxeiros que ían a bordo do comboi foron transbordados en catro autocares para continuar o camiño cara aos seus destinos. Así o explicou o persoal de seguridade de Renfe (ADIF) a través do 112 Galicia. Segundo indicaron, un cable que caeu a baixa altura tivo que ser reparado mediante o emprego de maquinaria pesada que obrigaba a cortar a circulación ferroviaria durante varias horas”, tal e como sinala o 112 Galicia.

A pasaxe, en total 158 persoas, foron recollidas por catro autocares para seguir a viaxe cara aos seus destinos. Contra as 23:30 horas de onte, cando lograron resolver o problema, activouse de novo a circulación, citando os datos do 112 Galicia.

Co fin de servir de apoio ao transbordo, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button