ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

O subdelegado do Goberno en Ourense di que a vindeira semana retiraranse os restos do descarralimento en Vilamartín

Visitaba esta mañá este municipio valdeorrés para reunirse co seu alcalde, Enrique Álvarez

 

Ata o concello de Vilamartín de Valdeorras desprazábase estaba mañá o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, para reunirnse co seu alcalde, Enrique Álvarez, para analizar e supervisar os proxectos estatais neste municipio e coñecer e atender as demandas do rexedor e da corporación municipal do Concello. Emilio González destacou a obra que se está levando a cabo en Vilamartín por medio da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Esta consiste na mellora da marxe dereita do río Sil en “O Bañadoiro”. Desta maneira recuperarase o espazo do carril bici duns 2.5m de ancho e tamén do paseo xeral nun chan estabilizado. Así como a adecuación dos espazos verdes xa existentes.

Anunciou que “a próxima semana retiraranse todos os elementos ferroviarios que hai aínda na zona onde se produciu o accidente” e “mellorase o firme e o acceso ao lugar onde sucedeu o descarrilamento”. Adif encargarase da retirada durante esta próxima semana do material ferroviario que quedou na vía despois do descarrilamento que tivo lugar no pasado mes de setembro de 2023 e fará unha reparación do firme viario do camiño de tránsito próximo ás vías férreas.

 

 

Durante o encontro, o subdelegado do Goberno aproveitou para coñecer de primeira man os proxectos que se están levando a cabo no concello. Concretamente sobre a ruta dos concellos do Camiño de Inverno, que neste caso, para a mellora dos camiños entre Vilamartín e A Rúa.
O alcalde, Enrique Álvarez, actual presidente da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, trasladoulle ao subdelegado información sobre o proxecto xa realizado para reforzar o impulso. “O vello tramo entre Vilamartín e A Rúa, que non somos capaces de solucionar, no que se segue poñendo en perigo aos peregrinos e aos camiñantes, hai unha zona de 200 m que pertence a Fomento e o subdelegado entende que hai que facer ese traballo, e despois hai outro tamo duns 600 m que pertence á Xunta de Galicia. E comentaba Emilio González a idea de facer ese tramo de maneira conxunta, implicando as diversas administracións. Ese tema hai que solucionalo e a maneira idónea sería facelo así, imos facer o proxecto e falaremos tamén co Concello da Rúa para despois presentarllo as diferentes administracións para conseguir que se poidan unir andando os dous concellos”.

 

 

Emilio González puxo Vilamartín de Valdeorras como exemplo da aposta do Goberno polos pequenos concellos, “que están chamados a ser protagonistas da transformación de España cara un país verde, dixital, sostible e cohesionado, para acadar os obxectivos do reto demográfico”.

 

 

Nesta liña, repasou co alcalde outros proxectos na localidade, como os traballos para a rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética, que se executan a través do programa DUS5000, financiado con cargo aos fondos do Plan de Recuperación e pensado precisamente para que os concellos máis pequenos poidan afrontar melloras que redunden na veciñanza e que de outra maneira non estarían en disposición de executar.

Detallou que o Programa UNICO-Banda Ancha facilitará a conexión de banda ancha con velocidade ultrarrápida a 132 núcleos de poboación, que cubrirán un total de 511 unidades inmobiliarias da cales 429 son vivendas, o que na práctica, supón a completa dixitalización do territorio municipal dotándoo de acceso con velocidades de 300Mbs.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button