EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Cea ao ritmo do “Violet Mood” de Aly Alma, no Restaurante Ruxe Ruxe de Quiroga

 

Na noite do venres 26 de abril Alicia Losada, coñecida artisticamente como Aly Alma e con orixes en Quiroga por parte de nai, achegábase ata o Restaurante Ruxe Ruxe para ofrecer unha actuación en formato cea-concerto na que presentou un espectáculo que, baixo o título “Violet Mood”, fai un tributo a artistas femininas como Tina Turner, Janis Joplin ou Amy Winehouse.

 

 

“O Show”, como ela mesma conta, “estreouse o pasado mes de marzo en Barcelona coa intención de visibilizar a estas mulleres tan relevantes no panorama musical internacional”, animando aos clientes do Ruxe Ruxe que desfrutaron dunha suculenta cea ao ritmo das melodías.

Foi unha noite diferente no establecemento hostaleiro quirogués que incluíu a celebración dun aniversario.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button