CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Profesorado do IES Montaña Palentina de Cervera de Pisuerga (Palencia) visita o IES Carlos Casares de Viana

O proxecto, que permitirá crear lazos de colaboración entre ambos centros e compartir unha visión de fortalezas e debilidades na práctica educativa diaria, enmárcase na fase interautonómica do Proxecto Observa Acción

 

Durante os dias 21 e 22 de febreiro tres profesoras do IES Montaña Palentina, da localidade de Cervera de Pisuerga (Palencia), acompañadas por unha asesora de formación da Junta de Castilla y León, visitaron o IES Carlos Casares de Viana do Bolo onde coñeceron as principais liñas educativas do centro, (mediación en conflitos, voluntariado de xestión de biblioteca escolar, club de lectura, coro das emocións, educación responsable e emocional, club de ciencia,…). Tamén presenciaron sesións lectivas de colegas vianeses.

O proxecto, que permitirá crear lazos de colaboración entre ambos centros e compartir unha visión de fortalezas e debilidades na práctica educativa diaria, enmárcase na Fase 3, interautonómica, do Proxecto Observa Acción organizado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e o Ministerio de Educación, que ten como finalidade “fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais”.

Tal como adiantan dende o IES Carlos Casares, en dúas semanas, profesorado vianés devolverá visita a terras palentinas para completar o círculo e dar pé a conclusións do proxecto e a futuras liñas de actuación.

 

Artigos relacionados

Back to top button