En portadaÚltima hora

Transportes inicia obras de reparación e estabilización do noiro de desmonte da N-536 en Carballeda de Valdeorras

Desde o vindeiro luns 9 de novembro produciranse afectacións ao tráfico de 9h. a 13h. e de 14.30 horas a 19.00 horas entre os quilómetros 37,4 e 41,5 da estrada. Habilitarase un desvío de tráfico a través da estrada OU-122

 

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible vai comezar o vindeiro luns 9 de novembro os traballos de reparación e estabilización do noiro do desmonte da estrada N-536, situado á altura do quilómetro 41 na súa marxe esquerda, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, na provincia de Ourense.

Estas obras enmárcanse nas actuacións de emerxencia para a reparación e estabilización de diversos noiros de desmonte nas estradas A-52, N-120, N-525, N-541 e N-536 na provincia de Ourense, cun investimento próximo aos dous millóns de euros.

Os traballos consistirán, segundo adianta o ministerio, principalmente no despexe de restos de vexetación arbustiva e talla de árbores, protección de superficies mediante formigón proxectado, execución de reforzos no noiro e protección da calzada fronte a desprendementos mediante a instalación de mallas de triplo torsión.

Durante a execución das obras, por mor de la estrita sección transversal e para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, desde o luns 9 de novembro estableceranse restricións de tráfico en la N-536 entre os quilómetros 37,4 e 41,5, en horario de 9.00 horas a 13.00 horas e de 14.30 horas a 19.00 horas. Os traballos terán unha duración estimada dun mes.

“Estas afectacións, que nalgunhas fases da obra poderán ser de corte total da calzada, estarán debidamente sinalizadas e adoptaranse as medidas necesarias para minimizar as molestias aos usuarios da estrada. Para garantir a fluidez do tráfico, habilitarase un itinerario alternativo a través de la OU-122 que se recomenda usar con carácter preferente”, adianta o ministerio.

Back to top button