CulturaCulturaÚltima hora

Tras a música, Bea Campos dá paso á narración oral no XI De Perto, no Barco

 

Da palabra cantada á contada. Esta tarde nos Xardíns da Casa Grande Viloira (O Barco) o XI Ciclo De Perto daba paso á narración oral, tras dúas actuacións musicais. E facíao da man da actriz e contadora Bea Campos, a quen presentaba a concelleira de Cultura barquense, Margarida Pizcueta. Na súa intervención comentaba tamén que esta edición do De Perto está adicada ao seu creador, o ex técnico de Cultura do Barco, Gustavo Docampo. “El tivo un especial empeño en que este proxecto saíse adiante e en que continúase”. E pedía un aplauso para el.

Despois presentaba a Bea Campos falando da súa traxectoria como actriz e contadora en Galicia e fóra, en Latinoamérica, e matizando que “esta é a primeira vez que vén ao Barco e chega co seu espectáculo “Marcho que teño que marchar”.

 

 

Campos, que se presentaba como natural da “Carballeira de San Xusto, Cotobade”, comezaba a súa actuación cun conto dedicado ao público infantil que había nos xardíns. “A miña avoa dicíame as cousas cun xeito moi especial: contando historias”. E unha delas era a que compartía co público, a de Carmelas, as chulas e o Señor Lobo.

Deseguido, centrábase xa público no público adulto, cunha serie de historias nas que non faltaba o humor, pero que tamén promovían a reflexión sobre os roles establecidos, a igualdade, e a prespectiva de xénero.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button