OurenseÚltima hora

Trasladada en helicóptero unha muller tras sufrir unha caída nas Pozas do Mallón (Entrimo)

 

A primeira hora desta tarde o  helicóptero do Servizo de Gardacostas Pesca I procedía a trasladar unha persoa que sufrira unha caída nas Pozas do Mallón (Entrimo). “O aviso chegou ao 112 Galicia, pouco antes das tres da tarde, a través do 112 Portugal que, ademais, sinalaba que, segundo indicaban as persoas que acompañaban á ferida, non sabían en que punto exacto se atopaban. Así, tras poñerse en contacto con eles, para poder coñecer a localización correcta, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron as súas coordenadas a través do servizo de mensaxes instantáneos de Whatsapp. Nada máis coñecer esta información, e xa coa localización exacta grazas a este servizo, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, ao GES de Lobios, a Protección Civil de Entrimo e á Garda Civil”, segundo o 112 Galicia.

Despois, dende o equipo sanitario solicitábase a axuda do helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia para poder evacuar á persoa ferida xa que, “entre o punto ata o que se podía achegar a ambulancia e o lugar no que estaba a ferida, había algo máis dun quilómetro e o traslado sería complexo”, matiza o 112 Galicia.

Cos efectivos de emerxencia xa no lugar, cando chegou ao punto o helicóptero Pesca I, procedíase ao traslado da paciente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button