ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Trasladada en helicóptero unha persoa ferida nunha cacería en Quintela de Umoso (Viana do Bolo)

 

Un home resultaba ferido este mediodía nun accidente de caza na parroquia de Quintela de Umoso, no municipio de Viana de Bolo, segundo vén de informar o 112 Galicia. Esta persoa foi trasladada en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

“Foron os servizos sanitarios os que, pasadas as 12 horas, contactaron co 112 Galicia para solicitar a colaboración doutros servizos de emerxencias na localización e acceso ao punto no que se atopaba o home. Sen embargo, pouco despois, un dos seus compañeiros chamaba para comunicar que estaban na estrada de Tabazoa, preto do pobo de Umoso”, citando ao 112 Galicia.

Ante a gravidade da situación, dende Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que acabaría por trasladar ao ferido ao centro hospitalario. Ademais, tamén se solicitou a colaboración da Garda Civil de Ourense e do GES da Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button